Friday, March 10, 2006

QUIENES SOMOS

A NOSA IDENTIDADE:
O Grupo de Exploradores San Francisco pertence á Asociación de Exploradores Baden-Powell de Galicia, inserta na Federación de Exploradores Baden-Powell de España (F.A.S.B.P.E.), e membro recoñecido dentro da C.E.S. (Confederación Europea de Exploradores).


NACEMENTO:
Este Grupo nace a partires do Clan de Asociación "Arval", o día dezanove de maio de 1.989. Os compoñentes do mencionado Clan deciden formalo apoiados por bastantes pais e polo párroco de San Francisco, despois de coñecer a fondo o Método educativo do escultismo, e de ter experiencia tanto a nivel educativo coma organizativo.

O nome de San Francisco, ven dado por dúas razóns fundamentais:


·En agradecemento ó párroco que axudou ó progreso do grupo proporcionando local e outras facilidades (el pediu que o grupo fora chamado así).

· Porque este mesmo santo é o patrón dos lobatos, sección que neste Grupo queremos darlle especial relevancia pola importancia que ten unha boa educación en idade tan curta.


FINS:
Coa formación do Grupo, pretendemos acadar especialmente tres fins fundamentais:


·Exercer unha influencia directa e positiva sobre os rapaces/as do barrio, mesmo colaborando coas demáis asociacións que a nivel xuvenil ou social móvense preto do noso entorno (Casco Vello...).

·O do Movemento dos Exploradores: contribuir ó desenvolvemento dos mozos, axudándolles a realizar plenamente as súas posibilidades físicas, intelectuais, sociais e espirituais, como persoa, como cidadáns responsables e como membros de comunidades locais, nacionais e internacionais.

·Satisface-la demanda existente dun novo grupo de exploradores nesta cidade de alto índice de crecemento, ofertando tódalas garantías que o escultismo leva consigo.


DEFINICIÓN:
Definímonos coma un Grupo:

·DE EXPLORADORES, no seu sentir, no seu xeito de dicir e de facer;

·LIBRE E ABERTO, educando nos valores universais e acollendo a tódalas persoas, sen distinción de credo, raza ou condición social...;

·INNOVADOR E TRADICIONALISTA, xa que colocándonos na vangarda educativa, non perdemo-las tradicións esenciais do escultismo;

·COMPROMETIDO na labor social, sobre todo, co entorno máis próximo, así como na educación integral;

·SENSIBLE ante a realidade medio ambiental, participando activamente na súa conservación, fomentando o amor hacia a natureza;

·COEDUCATIVO, nos seus postulados psicopedagóxicos e prácticos, realizando propostas adaptadas á realidade psicolevolutiva dos educandos;

·PLURICONFESIONAL, aceptando tódalas manifestacións relixiosas, e potenciando as crenzas individuais e as conviccións persoais;

·INDEPENDENTE, de calquer partido ou organización ligada á política.


O NOSO ESTILO EDUCATIVO
Optamos polo Escultismo. Isto quere dicir que adoptamos e asumimos totalmente a Constitución Mundial dos Exploradores, onde quedan definidos:


·Fins e Principios do Escultismo (deberes hacia Deus, hacia os demáis e hacia si mesmo);

A.Método Básico, un sistema de autoeducación progresiva, fundado sobre:

a)Promesa e Ley do Explorador

b)Educación pola acción (aprender facendo)

c)Vida en pequenos grupos, coa axuda de adultos que aconsellan: o descobrimento e a aceptación progresiva de responsabilidades; a formación pola autoxestión, tendente: ó desenvolvemento do carácter; a acadar unhas aptitudes; a confianza en si mesmos; o sentido do servicio.

d)Programas progresivos e atraíntes de actividades variadas, fundadas sobre os centros de interese dos educandos, e comprendendo, básicamente: xogos, técnicas útiles e servicios á comunidade, tendo ó aire libre como medio fundamental.


Estos postulados da Constitución Mundial dos Exploradores, complétanse e concrétanse coas seguintes CARACTERÍSTICAS que confirman e conforman o noso estilo educativo como Grupo de Exploradores:


B.Educar mediante o exemplo (lema do Grupo)

C.Diálogo persoal frecuente

D.Socialización hacia o entorno

E.Sabia combinación vangarda-tradición

F.Compromiso claro coa conservación do entorno

G.Ciclo de Formación Progresiva (explicado no Programa Educativo)


OBXECTIVOS DE GRUPO:
A nivel de obxectivos, debemos matizar que se trata de obxectivos de tendencia, isto quere dicir, que serán puntos de referencia para non desviarnos do noso camiño educativo. Trátase dos seguintes:

·Da-la importancia correspondente ós distintos Consellos de sección.

·Manter en cada programación as características educativas do grupo.

·Resolver todo tipo de situacións e problemas no seu momento, sen esquecelos.

·Fomentar capacidades de observación e cognitivas que lle leven ó éxito escolar.

·Desenvolver e usar instrumentos eficaces que permitan unha constante mellora
educativa e/ou organizativa.

·Potenciar un rexime de coeducación adecuado ó momento psicoevolutivo propio de
cada sección, favorecendo unha correcta educación sexual.

·Incorporar programacións didácticas con obxectivos e contidos reais, prácticos e
sempre que sexa posible, do entorno próximo.

·Fomentar que monitores, educandos e pais, todos na súa medida, interveñan na xestión
do grupo.

·Favorecer de tódalas maneiras a formación dos educadores.

·Acada-la implantación e o respeto do Regulamento de Rexime Interno, así como dos
demáis Documentos Sistematizadores do Grupo.

·Establecer relacións sistemáticas de colaboración e coordinación con outras
asociacións e entidades.


ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN.
A nivel estructural e organizativo, o noso grupo baséase fundamentalmente en catro órganos formados únicamente por adultos (maiores de 18 anos), sendo todos eles parte integrante da nosa comunidade educativa dos exploradores.

Trátase de:

·Asemblea de Grupo: É o máximo órgano representativo, e permite a corresponsabilización da súa xestión global.

·Consello de Grupo: ostenta toda a capacidade de goberno do Grupo, así como a dirección educativa do mesmo.

·Comité de Grupo: xestiona a nivel administrativo.

·Equipos de sección: adaptan os programas á realidade de cada sección.


Composición, funcións, responsabilidades e outras normas, recóllense no Regulamento de Rexime Interno.

As distintas prioridades derivadas deste Proxecto Educativo e do Programa Educativo (no que se recollen estructuras e organización a nivel dos educandos) serán concretadas e desenvolvidas periódicamente en cada Plan Anual e nas distintas programacións de sección.

No comments:

Post a Comment